Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/618-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo 204, 36204 Vigo.

Denominación: modificado recuamento L.M.T. nova subestación As Carolinas.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V., con orixe na subestación As Carolinas e remate en L.M.S.T.S. rúa Nova-Friáns (818 m), L.M.T.S. Porto Vilaxoán (818 m), L.M.T.S. doutor Touron (903 m), L.M.T.S. Caldas (818 m), L.M.T.S. Carril II (583 m), L.M.T.S. Larsa (783 m), L.M.T.S. Catoira I-Carril (593 m), L.M.T.S. Carril (583 m), L.M.T.S. Ravella (903 m), L.M.T.S. Catoira II-Devesa (583 m); L.M.T.S. de 315 m con orixe no C.T. Sineiro e L.M.T.S. de 244 m con orixe na L.M.T. VLG 805-O Grove. A instalación está situada no concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra