Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/152).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. urbanización Valle Sur (Zapateira).

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 800 metros, orixe en C.T. Cornixa II, entrada e saída en C.T. urbanización Valle Sur I (proxectado) e final en C.T. urbanización Valle Sur II (proxectado), conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al.

Centro de transformación prefabricado urbanización Valle Sur I, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15/0,380-0,220 kV.

Centro de transformación prefabricado urbanización Valle Sur II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15/0,380-0,220 kV. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de outrubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña