Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORQUEIRA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 7-11-2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán a adxudicación, en procedemento aberto, mediante a forma de concurso, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Porqueira, o que se expón ó público na Secretaría do Concello polo prazo de 10 días para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Así mesmo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia.

Tipo de licitación: 84.302,85 A.

Fianza provisional: 1.686,05 A.

Fianza definitiva: 3.372,11 A.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de quince días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na Secretaría do Concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13.00 horas do terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Porqueira.

Teléfono: 988 46 62 32. Fax: 988 46 61 02.

Porqueira, 10 de novembro de 2003.

Susana Vázquez Dorado

Alcaldesa