Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número 10/2003.

2. Obxecto do contrato: venda da parcela número 2 do predio Dehesa de Campelos da Rúa 7 de Santa Lucía.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 96.114,75 euros.

5. Garantía provisional: 1.922,29 euros. Garantía definitiva: 10% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D..., con DNI núm. ..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), manifesta que informado da convocatoria de contratación do concurso,, polo procedemento aberto, acordada polo Concello de Moraña, toma parte nela comprometéndose a adquiri-lo ben parcela número 2 do predio Dehesa de Campelos da Rúa 7 de Santa Lucía, co obxecto de destina-lo a construcción de vivendas de protección oficial ou autonómica, no prezo de... (en letra e número) euros, no cal non está incluído o imposto do imposto sobre o valor engadido, conforme o prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares, que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14.00 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 20 de outubro de 2003.

José A. Eiras Paz

Alcalde