Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2003 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial relativo a un aproveitamento hidroeléctrico outorgado a Hidroeléctrica de Ourol, S.L. no río Xestosa, concello de Ourol. (Clave: 17/038/22).

O 29 de novembro de 2001 o Consello da Xunta acordou aprobar definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas de Galicia Costa que fora declarado, por Acordo do 10 de maio de 2001, de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

A sociedade Hidroeléctrica de Ourol, S.L. presentou para a súa tramitación e en desenvolvemento do Plan Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas de Galicia Costa, un proxecto sectorial relativo ó aproveitamento hidroeléctrico no río Xestosa outorgado ó seu favor mediante resolución de Augas de Galicia do 6 de xullo de 1999.

Así pois, de conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto nos artigos 25.3º da mencionada Lei 10/1995 e 13.2º do Decreto 80/2000, sométese a información pública o referido proxecto sectorial co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo citado proxecto, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Vigo, 2, 15701, Santiago de Compostela) podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ó da última das publicacións desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia