Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 432/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se menciona a proposta de resolución dictada nun expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Número de expediente: AC-EP 432/2003.

Denunciado: Tocoloro, S.L.

DNI/CIF: B-15727241.

Enderezo: Montesalgueiro nº 4, Aranga.

Establecemento: Club Cosmos.

Precepto infrixido: 26 e) da LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 da LO 1/1992.

Sanción: 100 euros.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e as informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Informámolo igualmente de que a tramitación do expediente se realiza nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sita en Fernando Macías nº 18-1º da Coruña.

A Coruña, 13 de novembro de 2003.

Manuel L. Silva Constenla

Delegado provincial da Coruña