Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso de procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña dependente desta consellería. (Expediente 06/03SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 06/2003SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia e seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

c) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 120.829,63 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Domicilio: r/ Nueva, 12, local 4, Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 3339

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación necesaria: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11.00 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Néstor Válcarcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria