Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T., rúa do Bierzo.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.-12/20 kV, de 420 m con orixe na cela de liña do C.T. Finca Paúles e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Finca Coronela despois de alimenta-lo C.T. proxectado subterráneo con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V na rúa do Bierzo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 6 de outubro de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense