Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/310).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 132 kV DC. Cornido-Bazán, entre apoio 16 e subestación Bazán.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de alta tensión, a 132 kV, en dobre circuíto, baixo tubo, en parte por canalización existente e en parte por nova canalización, con conductor R.H.E. 76/132 de 2x3(1x630) mm Al, con orixe en apoio que se vai implantar paso aerosubterráneo nº 16A, da liña Cornido-Bazán e final na subestación de Bazán, cun percorrido de 3.440 m de lonxitude, modificado o van entre o apoio nº 15 e nº 16A que queda en 138 m, con conductor LA-180 e cable de terra AC-50. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña