Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a elaboración do proxecto e execución da obra de equipamento escénico do auditorio de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 03-01-AUD.OU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración do proxecto e execución da obra de equipamento escénico do auditorio de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución:

-Elaboración do proxecto: sete (7) días.

-Execución das obras: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millóns seiscentos mil euros (2.600.000 euros).

5. Garantía provisional.

Esixirase unha fianza provisional de cincuenta e dous mil euros (52.000 euros). Dispensada segundo o artigo 35 do Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 71//981 54 43 82.

e) Telefax: 981 54 43 43//981 54 53 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

Grupo C), subgrupo 3, categoría e).

Grupo I), subgrupo 9, categoría e).

Grupo J), subgrupo 5, categoría e).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1. Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes.

Oferta base: axustarase ó anteproxecto, non se admite ningunha modificación, agás o prezo.

Oferta variante: admitirase modifica-lo prazo.

9. Apertura das ofertas.

En acto público, na sala de xuntas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: quinto (5º) día, hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás 10.00 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (custo máximo estimativo por liña. 9,38 euros).

12. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos. (www.xunta.es/contratacion/resultado.asp/N= 3341

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda