Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de outubro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas que se sinalan no anexo o inicio dos expedientes de desafiuzamento por non ocupación, acordados nos expedientes de desafiuzamento administrativo (expediente DO-008/2003 e dous máis).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentadas as notificacións persoais nos últimos domicilios coñecidos, emprázase ós interesados que se sinalan no anexo para ser notificados, por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se lles notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de outubro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-008/2003).

Cta.: 85.

Nome: Ángel Rivero Ousina.

Enderezo: Grupo Sindical Pereiras, 85, Mos.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra Ángel Rivero Ousina, e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-801, cta 85.

Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-012/2003).

Cta.: 62.

Nome: Prudencio da Silva Pérez.

Enderezo: Grupo San Rafael, 62 en Pereira, Mos.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra Prudencio da Silva Pérez, e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-801, cta 62.

Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-014/2003).

Cta.: 87.

Nome: Carolina Pintos Carpintero.

Enderezo: Grupo Sindical San Rafael, 87 en Pereira, Mos.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra Carolina Pintos Carpintero, e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-801, cta 87.

Recursos: contra os presentes acordos que non son susceptible de recurso, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación destes acordos, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes, e de se-lo caso, para propoñer probas concretando os medios dos que pretendan valerse.