Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 11 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete a información pública o proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

En cumprimento do disposto nos artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo no complexo administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e presentar ante esta consellería as alegacións, documentos e xustificacións que estime pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo