Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de 220 ordenadores persoais nas oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia. (Expediente 101/2003).

1. Entidade adxudicadora:Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de 220 ordenadores persoais nas oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia.

b) Lugar de entrega: nas dependencias das oficinas de emprego que determinará a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Prazo de entrega: 20 días hábiles desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos corenta e cinco mil euros (245.000 euros IVE incluído).

5. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais - Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; tfno: 981 54 56 50, fax: 981 54 69 69; www.xunta.es/contratacion.

6. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais - Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais