Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de pesca relacionados no anexo e de referencias OU-055/03-P e OU-056/03-P devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151 do 5 de agosto).

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado- . De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 14 de outubro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-055/03-P.

Denunciado: Ismet Feratovic.

DNI: 13289386.

Último enderezo coñecido: rúa do Ribeiro, 28-1º, 32400 Ribadavia.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,51 euros, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente: OU-056/03-P.

Denunciado: Senjur Feratovic.

Último enderezo coñecido: rúa do Ribeiro, 28-1º, 32400 Ribadavia.

Feito denuciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,51 euros, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.