Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003 pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da subministración dun sistema de xestión centralizada de fallos da rede troncal SDH e PDH radio.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun sistema de xestión centralizada de fallos da rede troncal SDH e PDH radio.

c) Prazo de execución: ata o 30 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Douscentos corenta e seis mil (246.000 A) euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: está dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: antes das 14.00 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

c) Documentación que deben presenta-los licitadores: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3332

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: realizaraa a mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) A data e a hora: a partir das 12.00 horas do oitavo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo