Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003 pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da asistencia para o cambio de canles de 55 microrreemisores rurais.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia para o cambio de canles de 55 microrreemisores rurais.

c) Prazo de execución: ata o 30 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Cen mil (100.000 A) euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: está dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: antes das 14.00 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

c) Documentación que deben presenta-los licitadores: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3319

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: realizaraa a mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) A data e a hora: a partir das 12.00 horas do oitavo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo