Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona da Xironda-A Pedrosa-Cualedro (Ourense), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícase á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Gumersinda Lorenzo Pérez contra o acordo de concentración parcelaria da zona da Xironda-A Pedrosa-Cualedro (Ourense).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinataria: Gumersinda Lorenzo Pérez.

Enderezo: Xironda-A Pedrosa, 32688 Cualedro (Ourense).

Texto: «Desestima-lo recurso de alzada interposto por Gumersinda Lorenzo Pérez, contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 8 de xuño de 2001, en relación coa concentración parcelaria da zona da Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense)».

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra a mesma cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta notificación, de conformidade co esta

blecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíquese ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO