Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/91-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Parroeira e Fontao.

Situación: Parroeira e Fontao (A Merca).

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 26 m con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. de Fontao e con final no C.T. proxectado aéreo en Parroeira, con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. 840 m de rede aérea de baixa tensión derivada do C.T. anterior, e 760 m de rede aérea de baixa tensión derivada do C.T. existente en Fontao.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Ourense, 2 de outubro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense