Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición, pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (González López, Manuel e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recurso de reposición, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economia e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3º planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 24 de outubro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

González López, Manuel

DNI: 36040621-N

Cantabria, 9-Bx

Vigo

Sanción de Pesca e Asuntos Marítimos.

Expte. 1999/PO-0442(Z 2221/2000)

RR. 52/2002

Providencia. 154002665

Gonzólez Nogueira, Plácido

DNI: 33263525-M

García Barbón, 76-1 D

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentos.

Expte. T-2493/1992 (Z 900001746)

Nº. Ref. 60/2002-Providencia: 94660144401

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA