Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2003.

A orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 17 de xullo de 2003 (DOG do 28 de xullo) convoca o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2003.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Concederlle o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2003, á empresa Luso-Hispana de Acuicultura, S.L., pola súa traxectoria innovadora desde a súa creación e a capacidade para realizar tarefas de I+D+i no eido da acuicultura en Galicia, especialmente no cultivo de novas especies, así como polo proxecto presentado da explotación comercial do ollomol.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA