1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de diverso equipamento para a ampliación da dotación da aula de electricidade do centro de formación profesional ocupacional de Lugo.
b) Lugar de entrega: centro de formación ocupacional de Lugo.
c) Prazo de entrega: 1 mes desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: sesenta e cinco mil euros (65.000 A, IVE incluído).
5. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; tfno: 981 54 56 50; fax: 981 54 69 69; www.xunta.es/contratacion.
6. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.
Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.
8. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no enderezo indicado no punto 6, ás 9.30 horas do quinto día natural contado a partir do día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
9. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.
Mª Jesús Yebra Biurrun
Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,
Emprego e Relacións Laborais