Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto da canteira Vale, da provincia de Lugo, e promovida por Canteira do Penedo, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto da canteira Vale, situada en terreos do concello de Baralla, provincia de Lugo, e solicitado por Canteira do Penedo, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das Consellerías de Innovación, Industria e Comercio, e Medio Ambiente correspondentes, así como no Con

cello de Baralla, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nestas oficinas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas