Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 22 de setembro, aprobou inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento relativas ó núcleo de Cervo, para a creación dun parque público.

En cumprimento do que dispón o artigo 85 da Lei 9/2002, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas técnicas do Concello de Cervo (Lugo) e presenta-las reclamacións ou suxestións que se desexen, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Cervo, 13 de outubro de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde