Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Faise público, para xeral coñecemento, que a Comisión de Goberno, en sesión do día 6-10-2003, prestou aprobación ás bases que rexerán as convocatorias das seguintes prazas, incluídas na oferta de emprego público/2003, non reservadas a promoción interna: persoal funcionario: 1 auxiliar da Administración xeral; 2 operarios; e, 4 gardas da policía local. Persoal laboral: 1 técnico servicio apoio a familias; 1 asistente social; 1 diplomado en Relacións Laborais; 1 auxiliar administrativo servicios varios; 1 animador deportivo; 1 limpador/a dependencias municipais; 1 limpador/a centro saúde; e, 1 limpador/a museos e pavillón Stº Tomé.

As bases íntegras foron publicadas no BOP nº 210, do 30-10-2003, e o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Cambados, 30 de outubro de 2003.

José Manuel Cores Toruís

Alcalde