Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de ampliación das instalacións portuarias nas Sinas, no concello de Vilanova, provincia de Pontevedra, promovido polo ente público Portos de Galicia.

En cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de trinta (30) días hábiles, o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de ampliación das instalacións portuarias nas Sinas, situado no Concello de Vilanova, provincia de Pontevedra.

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia de Pontevedra.

-Concello de Vilanova.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia