Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/227).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. urbanización Salgueiriños.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al:

-De 2.515 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta ó C.T. Melide-PERI 11 e final na mesma liña, unha vez entre e saia dos catro CC.TT., que se vai instalar na urbanización Salgueiriños.

-De 300 m de lonxitude, coa orixe na torre metálica que se vai instalar 6 m antes da derivación a C.T. tras a feira e final na mesma liña en torre metálica a instalar en dirección a C.T. Villares II.

Catro centros de transformación na urbanización Salgueiriños, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, nº 1 e 3 prefabricados subterráneos baixo beirarrúa de acceso vertical, nº 2 e 4 subterráneos baixo placa e acceso horizontal. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 8 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña