Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.084

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-los servicios de operación, supervisión técnica e apoio a funcións administrativas (expediente 040/2003).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2º planta, 15706 Santiago de Compostela, de 12.00 a 14.00 horas, ata o 3 de decembro de 2003 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12.00 a 14.00 horas, ou a través da Internet, na seguinte dirección: www.sergas.es, ata o 3 de decembro de 2003 (incluído). No caso de precisar máis información, poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o día 9 de decembro de 2003 a partir das 9.00 horas.

Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2003.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061