Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens e subministración de material de microinformática con destino á deputación, para a implantación do SXPA. (Expediente 03/9620 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens e subministración de material de microinformática con destino á deputación, para a implantación do SXPA.

Lugar de entrega e instalación: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de vixencia: un ano.

Prazo de entrega e instalación dos bens específicos: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 157.940 euros, desagregado en 4 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva:

a) Polo que se refire ó contrato de determinación do tipo, o órgano de contratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva.

b) Polo que se refire ás subministracións específicas, o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña