Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial para a apertura dunha vía de conexión entre as rúas Mestre Soutullo e Benito Castro Nogueira (expediente 8129/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 23 de outubro de 2003 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o plan especial no ámbito definido pola avda. de Aeroporto e as ruás Benito Castro Nogueira, Mestre Soutullo e Cronista J. Espinosa, para o establecemento dunha dotación urbanística viaria básica, en solo urbano consolidado, que unirá as rúas Mestre Soutullo e Benito Castro Nogueira, conforme a documentación presentada como estudio de detalle, con data 21 de xaneiro de 2003, por Maribel Cendón Rodríguez, Roberto Domínguez Cendón e outros, redactada

polos arquitectos Perfecto Cendón Domínguez e Francisco Javier Vázquez Fernández, con visado do COAG do 8 de xaneiro de 2003.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no DOG, e en dous xornais de maior difusión da provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 4 de outubro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Vicepresidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo do Concello de Vigo