Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 15 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 19 de setembro de 2003, de revogación das axudas pola contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM343G 2001/606-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM343G 2001/606-5.

Orde de convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Instalación Aixolas, S.L. Laboral.

Enderezo: avda. Martínez Garrido, 49, 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais con data do 19-9-2003, ó abeiro da Orde do 27 de abril de 2001.

Resolución:

«Examinada o plan empresarial de incremento da estabilidade laboral, presentado por Nicolás A. Brasa de Lis, en nome e representación de Instalación Aixolas, S.L. Laboral (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-O plan foi presentado o 1-8-2001 e estimada na Resolución do 14-10-2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 10.818,22 A pola contratación indefinida de dous traballadores.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Documentos TC2, correspondentes ás seguintes mensualidades: decembro/2000, xullo e setembro/2001.

-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración complementaria da establecida no artigo 9.4º da orde de convocatoria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións.

-Declaración da condición de PEME.

Cuarto.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-O artigo 17 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincia

RESOLVE:

Revoga-la resolución da delegación provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 14-10-2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda pola contratación indefinida de dous traballadores, por un importe total de 10.818,22 A.

Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra esta cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 19 de setembro de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego, da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 15 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra