Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/619-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. nº 1 urbanización Pau de Navia.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 2.450 m de lonxitude, con orixe no empalme coa L.M.T.S. que vén dos CC.TT. Pol. 15 e 12, á altura do centro de seccionamento Pol. 6, e remate no centro de seccionamento Pau de Navia. C.T. nº 1, de 1.000 kVA R.T. 15 kV/380-220 V, situado na urbanización Pau de Navia, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra