Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica resolución de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Enrique Cobas Cancela os datos da resolución da Dirección Xeral de Urbanismo do 29 de setembro de 2003, de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, ó abeiro do disposto polos artigos 214 e 209 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dictada no seguinte expediente de reposición da legalidade urbanística, por resultar ausente na repartición.

Expte: 107 B-2003/46-0 de reposición da legalidade urbanística.

Denunciado: Enrique Cobas Cancela.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: rúa Fomento, nº 53, Carballo.

Feitos: obras consistentes en execución de movementos de terra para a realización de tres niveis de terrazas, construcción de muros de contención en cachotería de pedra, apertura e construcción de vía en formigón e beirarrúas, execución de servicios de saneamento, auga e electricidade sen licencia municipal nin autorización autonómica en terreos clasificados como solo rústico de especial protección do contorno da Lagoa de Baldaio, conforme o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo, aprobado definitivamente o 20 de maio de 2003. Da execución destas obras resultou a existencia de 6 parcelas; nunha delas foi replanteada a cimentación e noutra estase a construír unha vivenda de soto e planta baixa cunha superficie de 8.1 x 8.50 e porche na fronte de 8.10 x 2.5.

Lugar: Monte Peados, Razo.

Municipio: Carballo.

Contido da parte dispositiva da resolución: 1º Dispoñe-la suspensión das obras referenciadas, das que é promotor Enrique Cobas Cancela, por carecer da preceptiva licencia, e ordena-la retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra ou actividade e a maquinaria afecta a ela; 2º Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística co obxecto de determina-la compatibilidade ou non da actuación co ordenamento urbanístico e adop

ta-las medidas que correspondan consonte o disposto polo artigo 209 da Lei 9/2002; 3º Notificarlles esta resolución ós interesados, que disporán dun prazo de quince días para alegar e presenta-los documentos e os xustificantes que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse; 4º Apercibi-lo interesado de que, se houbese incumprimento da orde de suspensión das obras e non procede, no prazo de vintecatro horas a partir da notificación desta resolución, á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra ou actividade suspendida e a maquinaria afecta a ela, poderán impoñerse multas coercitivas por importe de 600 a 6.000 euros cada unha, reiterables ata logra-lo cumprimento da orde de paralización, e adoptaranse as medidas cautelares necesarias para garanti-la total interrupción da actividade.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo