Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.053

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello do 15 de outubro de 2003, que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 122, do 25 de xuño de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 15 de outubro deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó/á funcionario/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o

día seguinte ó da súa notificación (ou publicación no DOG), de conformidade co establecido nos artigos 10.1º.ap.c e 46.1º da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación (ou publicación no DOG), segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3495880835 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Formoso Fernández, Mª Isabel.

Posto de traballo: auxiliar.

Número de posto: 061.

Nivel: 16.

Localidade: Santiago de Compostela.