Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, anticipado do gasto, para a adquisición de equipamento electromédico con destino á Área de Esterilización do Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense. (SCS-08/2004) (2 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento electromédico con destino á Área de Esterilización (2 lotes).

Orzamento: vintecinco mil cento trinta euros, IVE incluído (25.130 euros).

LoteDescriciónImporte

dos lotes (A)

1Sistema de limpeza ultrasonidos7.630

2Lavadora/descontaminadora17.500

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. (Ve-lo punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares).

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 45 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (CP 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratación. Pódese chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87, e na copistería Copinino, rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Telf. e fax: 981 58 89 38.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos