O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Adquisición de equipamento de mobiliario clínico para a UCMA do Hospital de Conxo de Santiago de Compostela (6 lotes).
Orzamento: trinta e sete mil novecentos tres euros, IVE incluído (37.903 euros).
dos lotes (A)
Lote Descrición Importe
1 Carros diversos servicios 12.600
2 Mobiliario clínico diversos servicios 5.213
3 Mesas de instrumental 6.590
4 Angarellas e sistemas mobilización doentes 4.120
5 Mobiliario quirófano 6.980
6 Cadeira cirúrxica 2.400
Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. (Ve-lo punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares).
Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.
Prazo de entrega: desde a petición, lotes 1, 2, 3 e 5: máximo 30 días; lotes 3 e 6: máximo 45 días.
Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.
Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.
Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.
Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (CP 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas, e tamén no enderezo da
Internet www.sergas.es/contratación. Pódese chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87, e na copistería Copinino, rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Telf. e fax: 981 58 89 38.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14.00 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos