Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de elaboración de proxecto e execución das obras que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes contratos, publicados por Resolución do 17 de xuño de 2003 no DOG nº 121, do 24 de xuño.

-Contrato de proxecto e obra da área de estacionamento de autobuses de Fisterra (A Coruña).

Adxudicatario: AIN, S.L.

Proposta de adxudicación: 108.017,64 euros.

Prazo de adxudicación: 3 meses.

-Contrato de proxecto e obra da área de estacionamento de autobuses de San Cristovo de Cea (Ourense).

Adxudicatario: Extraco, Construcciones e Proxectos (Extraco, S.A.).

Proposta de adxudicación: 173.679,25 euros.

Prazo de adxudicación: 3 meses.

-Contrato de proxecto e obra da área de estacionamento de autobuses de Cervo (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Mon, S.L.

Proposta de adxudicación: 108.617,14 euros.

Prazo de adxudicación: 3 meses.

-Contrato de proxecto e obra da área de estacionamento de autobuses de Ortigueira (A Coruña).

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Proposta de adxudicación: 175.966,03 euros.

Prazo de adxudicación: 3 meses.

-Contrato de proxecto e obra da área de estacionamento de autobuses de Palas de Rei (Lugo).

Adxudicatario: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

Proposta de adxudicación: 150.767,66 euros.

Prazo de adxudicación: 3 meses.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados de igual xeito. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-adminis

trativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición, de se ter interposto este.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL