Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada LU-112 Cospeito-Tumbo e da estrada LU-121 Tumbo-Moncelos (Lugo), clave: LU/01/10.1, termos municipais de Abadín, Cospeito e Vilalba.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autonóma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 29 de xullo de 2002, procédese a aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada LU-112 Cospeito-Tumbo e da estrada LU-121 Tumbo-Moncelos (Lugo), clave LU/01/10.1, termos municipais de Abadín, Cospeito e

Vilalba polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 5 de decembro de 2002, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 349/2002, publicado no DOG nº 245, do 20 de decembro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

* Casa do Concello de Cospeito.

Data: 9 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Aguiar, Dina.

A: Cruña Lamas, José Mª.

Data: 10 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Cruña Piñeiro, Balbina.

A: Lamas Castiñeiras, Amelia e Mª Carmen.

Data: 11 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Lamas Castiñeiras, José Mª.

A: Pérez Carracedo, Aniceto.

Data: 12 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Pérez López, Mª Asunción.

A: Yáñez Rubiños, María.

* Casa do Concello de Abadín.

Data: 15 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Abelleira Guerra, Magín.

A: Fernández Albán, Jesús.

Data: 16 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Fernández Iglesias, Jaime.

A: Vigo García, Jesús.

* Casa do Concello de Vilalba.

Data: 17 de decembro de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

De: Aguiar Lozano, Elida.

A: Vigo Ríos, José.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Abadín, Cospeito e Vilalba, respectivamente e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70, 1ª planta), 27071 Lugo.

Ó dito acto deberán acudir-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 3 de novembro de 2003.

Gerardo Pallares Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas de Lugo