Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.920

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais do baremo aberto polo Anuncio do 7 de outubro do 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro) para prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas.

Rematado o prazo para presenta-la instancia solicitude e realizada a baremación dos méritos, procede a publicación das puntuacións provisionais no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das delegacións provinciais e na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería as puntuacións provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades que se relacionan no anuncio do 7 de outubro de 2003 (DOG do 13 de outubro).

Segundo.-Contra estas puntuacións provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal