1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Contratación. Unidade de Subministración. b) Número de expediente: S2003/71.
2. Obxecto do contrato: subministración de materiais para execución do proxecto do acondicionamento ambiental de Punta Herminia. Prazo de entrega: a subministración farase no transcurso da obra segundo as necesidades dela, nun prazo non superior
a dez días, a partir da data de petición. Esta subministración enténdese ó pé da obra (punta Herminia); os gastos de transporte e descarga son por conta do licitador.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: véxase o epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos. IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es e licitaciones*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando as 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte o do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12.00 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 30 de outubro de 2003.
Francisco José Vázquez Vázquez
Alcalde