Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de outubro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Promociones Judaqui, S.L., o inicio do expediente sancionador ES-P-008/2003.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o/a interesado/a que se sinala no anexo para ser notificado/a, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de outubro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-P-0148/95 (expediente sancionador: ES-P-008/2003).

Nome: Promociones Judaqui, S.L.

Enderezo: rúa Redondela, 15, baixo, Vigo (Pontevedra).

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo inicio procedemento sancionador contra a empresa promotora Judaqui, S.L. da que é o seu representante Juan Daniel Quinteiro López, contra Pedro López Ruipérez e José Manuel Quinteiro Crespo, como dirección facultativa da obra, en calidade de presuntos responsables dos feitos sinalados no contido íntegro do expediente sancionador.

Recursos: contra este acordo que non é susceptible de recurso, o/a interesado/a dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e de se-lo caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.