Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-A-2003/14 (animais domésticos-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícáselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

O denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito na rúa Benito Corbal, nº 47-5ª planta, (Pontevedra), conforme o establecido no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9 de agosto).

Pontevedra, 10 de outubro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2003/14.

Denunciado: Casa Grande das Calpedriñas, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Placer, nº 1 A, 4 6 de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: club de hípica cun total de 5 cabalos sen ter a preceptiva documentación (inscrición no Rexistro de Núcleo Zoolóxico da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia).

Feitos denunciados ás 10.55 horas do día 1 de marzo de 2003, no lugar de Portoparada, s/n, parroquia de Maceira, no termo municipal de Covelo.

Precepto infrinxido: artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.