Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de outubro de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01236-O-2002).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan neste sen que os sancionados as aboaran, procedan ó seu pagamento.

Requírense a estes para que, no prazo de 15 días hábiles, aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que, de non facelo efectivo no dito prazo, se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 2003.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: OU-01236-O-2002.

Matrícula: VG-17-HS.

Denunciante: G.C. de tráfico.

Denunciado: Vermo Lijstenpapriek Bv.

Último enderezo coñecido: Spaarmeweg, 14 2142 En Cruquius (Holanda) En Cruquius.

Feito denunciado: circular cun vehículo da categoría n3, realizando unha conducción diaria de 14.20 hs. Achégase un par de discos diagrama de data 23 e 24-2-2002 a hora que marca no disco que leva non é a real, marca as 22.50 hs. sendo a real as 9.10.

Data, hora: 24-2-2002, 9.10.00.

Estrada pq.: N-532, 13,800.

Precepto infrinxido: R(CE) 3820/1985.

Preceptor sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 1.500 euros.

Fiador: Pau Rodes García.

Último enderezo do fiador: avda. Prat de Llobregat 08859 Begues (Barcelona).