Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros de Cabo de Cruz.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve-

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 24 de setembro de 2003, acta expedida polo secretario da devandita asociación, Luciano Viturro Vidal, avalada co visto e prace do presidente, Agustín Pose Romero, na que se reflicten as modificacións estatutarias acadadas na reunión realizada o 11 de xullo de 2003, entre elas, a que fai referencia ó cambio de ámbito territorial da asociación, que pasa a ser interprovincial (ría de Arousa).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais