Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto: modificado número 1 nova estrada PO-400, variante de Salvaterra de Miño, clave: N/PO/89.15.1. Termo municipal de Salvaterra de Miño.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data do 10 de outubro de 2003, apróbase o proxecto: modificado nº 1, nova estrada PO-400, variante de Salvaterra de Miño, clave: N/PO/89.15.1. Termo municipal de Salvaterra de Miño

Con data do 22 de febreiro de 2001, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 54/2001, publicado no DOG nº 50, de data do 12 de marzo.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa da cultura do Concello de Salvaterra de Miño.

Día: 17 de novembro de 2003.

Horario: 10.00 a 11.30 horas.

Do: predio nº 020 o derradeiro predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas no Concello de Salvaterra de Miño, e no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001-Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo achegarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as alegacións que estimen pertinentes para

o obxecto de enmendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 10 de outubro de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra