Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Vidal Padín, Juan Manuel e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e

emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora de distrito hipotecario de Vilagarcía de Arousa en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Alcalde Rei Daviña, 3, 1º B e C, de Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de outubro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Vidal Padín, Juan Manuel

DNI: 35458965-A

R/ Travesía de Vigo, 193, 8º B

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 2178/03

Liq.: 600021052374

Sobrino García, Jesús

DNI: 35454379-V

R/ Doutor Tourón, 45, 3º esq.

Vilagarcía de Arousa

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 1893/03

Liq.: 600021194681