Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 27 de outubro de 2003, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE), do concurso, con procedemento aberto, para a contratación da instalación e explotación dunha pista de patinaxe sobre xeo no Coliseo.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

2. Obxecto do contrato: instalación e explotación dunha pista de patinaxe sobre xeo no Coliseo.

3. Prazo de execución: un ano prorrogable anualmente ata un máximo de catro (incluído período inicial e prórrogas) por mutuo acordo entre as partes.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 31.000 euros anuais (IVE incluido).

6. Garantía provisional: 620 euros.

7. Obtención de documentación e información.

a) Oficinas do IMCE, sitas no edificio Coliseum, avda. Alfonso Molina s/n, A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50. Fax: 981 13 60 01.

c) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Prazo: oito días naturais, contados a partir do seguinte ó da públicación deste anuncio no DOG, rematando ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado ou festivo o día de remate do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro do IMCE (oficinas do IMCE sitas na avda. de Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum).

d) Admisión de variantes: si.

10. Apertura das ofertas económicas e da documentación técnica.

a) Lugar: Casa do Concello, praza Mª Pita, 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación (ás 9.00 horas).

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 27 de outubro de 2003.

Carmen Marón Beltrán

Presidente do Instituto Municipal

A Coruña Espectáculos