Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 23/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: publicacións estranxeiras e españolas para a Biblioteca Universitaria de Vigo. b) Número de unidades para entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: 2. d) Lugar de entrega: Biblioteca Universitaria no campus de Lagoas-Marcosende. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación dos dous lotes: lote A: 1.048.887,70 euros IVE incluído. Lote B: 43.952,94 euros IVE incluído.

5. Garantías: provisional: lote A: 20.977,75 euros. Lote B: 879,05 euros. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. 2ª Planta. b) Domicilio: Campus Lagoas-Marcosende. c) Localidade e código postal: Vigo, 36310. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e informacion: o 3 de decembro de 2003. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira. Poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: a) Informe de institucións financeiras. b) Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais (debidamente compulsado). b) Declaración relativa á cifra de negocios global e de subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. d) Tratándose de sociedades, balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

Solvencia técnico-profesional. Poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: a) Mostras, descricións e fotografías dos productos para subministrar. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados destas. c) Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 11 de decembro de 2003 ás 14.00 horas. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio:Campus Lagoas-Marcosende. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36310. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da data fixada para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: Campus Lagoas-Marcosende. c) Localidade: Vigo, 36310. d) Data: 12 de decembro de 2003. e) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións. Criterios de adxudicación: 1. Prezo: 25; 2. Servicios e prestacións ofrecidas pola empresa: dispoñibilidade real dun inter-

face de comunicación co sistema de xestión da Biblioteca Universitaria de Vigo (Millenium-Innopac). Comunicacións vía correo electrónico. Reclamacións por vía electrónica. Acceso á base de datos da empresa, acceso electrónico a sumarios das publicacións, acceso ás publicacións electrónicas desde o momento da adxudicación do concurso, acceso gratuíto ó sistema de xestión de títulos electrónicos da empresa adxudicataria e calquera outra mellora, que a mesma poida ofrecer: 25; 3. Fórmulas empregadas polo adxudicatario para asegura-la xestión das baixas das subscricións co subministrador anterior a este contrato e garantía de continuidade, sen atrasos, das actuais subscricións: 20; 4. Facilidades para a compra de números ou coleccións retrospectivas, así como para a elaboración dos correspondentes orzamentos: 15; 5. Calidade na atención ó cliente en termos de dispoñibilidade dun servicio de información, así como de correspondencia e facturación en castelán: 9; 6. Información sobre outras

circunstancias que poidan contribuír a pondera-la seriedade da oferta: 6.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 20 de outubro de 2003.

13. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratación.

Vigo, 24 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 15-5-2003)

Augusto Viso Alonso

Xerente