A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos
das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Hospital Comarcal Valdeorras; r/ Conde Fenosa, nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
b) Número de expediente: 28/2003.
c) Tramitación: Servicio de Xestión Económica Departamento de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministracións.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de reactivos e demais materiais necesarios para a realización de probas analíticas na Unidade de Seroloxía do Servicio de Laboratorio do Hospital Comarcal Valdeorras.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 110.000 A (IVE incluído).
5. Adxudicación:
a) Data: 30 de setembro de 2003.
b) Empresa adxudicataria: Abbott Científica, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 109.237,92 A.
O Barco de Valdeorras, 6 de outubro de 2003.
Dionisio López Bellido
Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras
do Barco de Valdeorras