Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Orazo 3009, nos concellos da Estrada e Silleda, da provincia de Pontevedra, por parte de José Santos Couto.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que José Santos Couto, con enderezo social en Camporrapado, Boqueixón, A Coruña, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de marzo de 2003, instancia-solicitude do permiso investigación denominado Orazo, sobre unha superficie de trece cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais da Estrada e Silleda da provincia de Pontevedra, ó que lle corresponde o número 3009.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatidude

V18º 22' 20''42º 44' 40''

V28º 21' 20''42º 44' 40''

V38º 21' 20''42º 44' 00''

V48º 20' 40''42º 44' 00''

V58º 20' 40''42º 43' 00''

V68º 21' 40''42º 43' 00''

V78º 21' 40''42º 44' 20''

V88º 22' 20''42º 44' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 26 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra