1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: renovación da cuberta da estación de autobuses de Pontevedra.
b) Prazo de execución: 3 meses.
c) Orzamento base de licitación:
Importe máximo retido: 184.802,72 euros.
Réxime de anualidades:
-2003: 120.200,00 euros.
-2004: 64.602,72 euros.
d) Garantías:
Provisional: 3.696,05 euros.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
e) Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría d.
3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares, o cadro de características e demais documentación que rexe a contratación, poderase recoller en:
a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; a indicada documentación así como o proxecto de execución da obra poderá ser consultada no seguinte enderezo: NINO, centro de impresión digital. R/ Xeneral Pardiñas nº 2, Santiago de Compostela; CP 15706; Telf.: 981 58 89 38.
b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Teléfono: 981 54 45 94.
e) Telefax: 981 54 43 51.
f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características na páxina da Internet www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3280.
g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
Enderezo: San Caetano s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
6. Apertura das ofertas.
Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12.00 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
7. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2003.
P.D. (Orde 6-3-2003; DOG nº 50, do 12 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consllería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda